Imprimir

Minitractorada para pedir a volta da enfermeira de pediatría no centro de saúde de Xinzo

Patricia F.S | 07 de diciembre de 2015

A protesta levouse a cabo na mañá do luns

As nais e pais da Comarca da Limia convocaron esta orixinal protesta para reclamar a volta da enfermeira ó servizo de pediatría. Consideran que a decisión da Consellería de Sanidade supón  a perda de calidade na asistencia ós seus cativos.tractorada2

Baixo a consigna "porque a sanidade é un dereito universal, porque non podemos dar pasos cara atrás, porque coa saúde das nosas fillas e fillos non se xoga", puxeron en marcha esta manifestación. 

Montados en tractores infantís, patinetes ou bicicletas,os máis pequenos percorreron o treito comprendido entre a Praza da Ra, na rúa de San Roque, ata o centro de saúde de Xinzo de Limia. Acompañados por adultos, saíron a rúa para solicitar que non se xogue coa saude dos cativos na Limia. 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/minitractorada-pedir-volta-da-enfermeira-pediatria-no-centro-saude-xinzo/20151207191642005939.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia