Imprimir

Ninguén quixo perder o paso da volta ciclista por Xinzo de Limia

Patricia F.S | 26 de agosto de 2016

    Os mellores sitios da Praza Maior de Xinzo estaban collidos dende media mañá. Moitos foron os que esperaron ata dúas horas para ver pasar o pelotón de ciclistas pola vila nesta estapa 7, a última que atravesaba Galicia. 

A expectación foi máxima ata que logo de tempo de espera, arredor das 14.45 chegaban os primeiros ciclistas que foron recibidos entre aplausos.

bici 1

Case 5 minutos fixeron falla esperar para que aparecesen os resto de equipos que formaban o pelotón da volta ciclista. Berros de ánimo e máis aplausos para todos os equipos que continuaron rodando pola N-525.

bici 3

Ás 17.53h finalou esta etapa 7 entre Maceda e Puebla de Sanabria co belga Jonas Van Genechten como gañador.

bici 4

Foi unha carreira que rematou cunha caída a poucos metros da meta na que se viu implicada o español Alberto Contador. 

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deportes/ninguen-quixo-perder-paso-da-volta-ciclista-xinzo-limia/20160826174144007569.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia