Imprimir

A noite máis fría do outono viviuse en Calvos

Dende a Limia | 09 de diciembre de 2013

Europa Press
Europa Press
Na madrugada do domingo o termómetro descendeu ata os dez grados baixo cero neste concello limiao REDACCIÓN [email protected] Os termómetros tolearon en Calvos...
Na madrugada do domingo o termómetro descendeu ata os dez grados baixo cero neste concello limiao REDACCIÓN [email protected]

Os termómetros tolearon en Calvos na madrugada do domingo, chegando aos dez grados baixo cero. Segundo Meteogalicia, o concello limiao acadou esta temperatura case polar debido a “unha inversión térmica”. Este fenómeno atmosférico sucede cando o aire frío, que pesa máis, se acumula durante a noite en zonas baixas coma o caso de Calvos, a onde non volve o agarimo de temperaturas máis agradables ata que sae o sol.

Con todo, os meteorólogos prevén unha subida de temperaturas a partir de mañá, ca entrada de ventos do sur que lle darán unha tregua aos nosos pobres ósos conxelados.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/concellos/noite-mais-fria-do-outono-viviuse-calvos/20131209235535000850.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia