Imprimir

Noite de terror no lugar de A Illa en Entrimo cun lume descontrolado que chegou ás casas

Patricia F.S | 08 de septiembre de 2016

    O incendio declarado na parroquia de A Illa, en Entrimo, chegou ás vivendas e queimou unha granxa. A superficie afectada é de 2.500 hectáreas. 

Ás 7.30 da tarde a Consellería de Medio Rural daba por controlado este incendio pero a situación era ben diferente. A intensidade do lume e o vento non axudaban e as lapas avanzaban con descontrol absoluto. Os veciños e veciñas das aldeas de  A Illa e Bouzadrago tiveron que ser desaloxados das súas vivendas como medida de prevención. 

Todas as axudas eran poucas para tratar de apagalo e mesmo axentes da Garda Civil de Tráfico se sumaron ó operativo de extinción. 

O lume comezou o martes no lugar de Olelas procedente de Portugal. Segundo as últimas estimacións leva arrasadas máis de 500 hectáreas e as lapas chegaron xa a localidade veciña de Lobios. 

O incendio segue activo a estas horas e aínda está decretada a situación 2 de risco pola súa proximidade ás vivendas. 


 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/entrimo/noite-terror-no-lugar-illa-entrimo-cun-lume-descontrolado-chegou-casas/20160908101821007666.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia