Imprimir

Non quedaron postos libres no magosto da “Telleira”

Dende a Limia | 27 de octubre de 2019

Tal e como habían previsto os organizadores as 300 prazas que estaban preparadas enchéronse de veciños de Xinzo, a Limia e mesmo Ourense que foron as viandas preparadas para a ocasión , onde non solo non falto, se non que sobraron castañas asadas. Varios concelleiros do grupo de goberno e da oposición participaron desta festa, que segundo os propios organizadores, deberíase facer nos distintos barrios da vila.

Tamén a música estivo sempre presente da man dun grupo de gaiteiros da vila. Ao final da cea fixéronse sorteos de varios agasallos entre os comensais.

Como dixemos a música estivo presente ata o final da noite, onde os máis “atrevidos” saíron ao corredor da carpa para botarse un baile.  

IMG_20191026_234535IMG_20191026_234417IMG_20191026_233952IMG_20191026_233942IMG_20191026_233927

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sociedade/non-quedaron-postos-libres-magosto-da-telleira/20191027132030018150.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia