Imprimir

As Pantallas luciron os seus traxes polas rúas de Compostela

Patricia F.S | 10 de septiembre de 2016

    Ás 13h do mediodía daba comezo o desfile dos Entroidos de Galicia que partiu dende a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. As Pantallas deixaron ó público encantado cos seus traxes e a súa danza. Saíron acompañados por un grupo de gaiteiros da Limia. 

compostela 2

Algún visitante da Limia mesmo estivo a piques de ser levado a un bar para pagar unha ronda como manda a tradición. 

compostela3

Epectación máxima en Compostela tras o paso dos Entroidos de interese Turístico do país. Entre eles o de Verín, Viana do Bolo, Cobres, Maceda, Ribeirao ou os Xenerais do Ulla. 

comstela 4

Tras percorrer as rúas da zona vella da cidade, o desfile rematou na monumental praza do Obradoiro onde as Pantallas colleitaron éxito. Moita xente quixo sacarse unha foto con elas mesmo algún rostro recoñecido como o do ex xogador de baloncesto, Fernando Romay. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/pantallas-luciron-seus-traxes-polas-ruas-compostela/20160910193326007690.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia