Imprimir

As Pantallas sairon á rúa e Xinzo gozou con elas

Patricia F.S | 01 de febrero de 2016

    Logo de días de espera onte escoitáronse as campás e as vexigas polas rúas de Xinzo. Ás 12.30 comezaron a xuntarse as Pantallas na Praza Maior e na zona dos viños. pantalla

Durante toda a mañá danzaron pola vila e foron as protagonistas de milleiros de fotografías e vídeos, a prensa e os visitantes non quixeron marchar sen un recordo do Corredoiro. 

Os máis pequenos tamén se van unindo á tradición e pudo verse un gran grupo de pequenas Pantallas.

A xente de novo puxo o seu inxenio a funcionar e víronse disfraces como estes dous fogueteiros que non pararon de botar bombas este domingo. fogueteiro

O Entroido de Xinzo chama a todo mundo, ata os Reis Magos máis polémicos dos últimos anos quixeron participar na festa. Cambiaron Madrid por Xinzo e pasearon pola vila durante todo o día. magas

En plena crise política e sen presidente do goberno, Mariano Rajoy tampouco se perdeu o Corredoiro. Acudiu cunha chaqueta feita con noticias de prensa que recollen os recortes que fixo o seu goberno, no que non recortou foi no tamaño do puro. 

rajoy

Agora toca a conta atrás para que comecen os días grandes do Entroiodo. Os encargados de inauguralo serán os máis pequenos co desfile infantil o venres ás 11h. Un gran acontecemento pois por primeira vez participarán case tódalas escolas da Limia e os dous institutos de Educación Secundaria. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/entroido-2016/pantallas-sairon-rua-xinzo-gozou/20160201132924006300.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia