Imprimir

Publicado no DOG a aprobación do escudo e bandeira oficial de Xinzo

Dende a Limia | 24 de octubre de 2019

O Concello de Xinzo de Limia (Ourense) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica de escudo, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

escudoESCUDO: Partido e medio cortado. Primeiro, de prata (branco), a banda de sabre (negro) e brocante, en orla, a cadea de ouro (amarelo). Segundo, de ouro, o galo de gules (vermello). Terceiro, de sinople (verde), dúas espigas de ouro postas en aspa. Ao timbre, coroa real pechada.Doc1_fmt

BANDEIRA:O pano branco, coa banda de negro e, brocante, en orla, a cadea de amarelo. Partida e medio cortada, ao batente: primeiro de amarelo, co galo de vermello, e segundo de verde, coas espigas cruzadas de amarelo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/publicado-dog-aprobacion-do-escudo-bandeira-oficial-xinzo/20191024175504018074.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia