Imprimir

O recinto do magosto de Porqueira quedouse pequeno

Dende a Limia | 02 de noviembre de 2019

Cociñeiros do magosto de Porqueira 2019
Cociñeiros do magosto de Porqueira 2019
As 490 prazas non chegaron para albergar a todos

Os fogos non daban  feito para que todos os comensais  que acudiron a carpa preparada con 490 servizos puideran degustar os 300 Kg. de costela de porco, os 90 Kg. de chourizos ademais das castañas e por suposto bica e licores.

Moita máis xente da que se esperaba

MAGOSTO1

A propia alcaldesa Susana Vázquez non daba feito a colocar a toda a xente, comezando por os residentes na residencia que estaban todos en primeira fila gozando como o que máis, primeiro cos sons, que neste caso puxeron o grupo de gaiteiros “Vai de vagar” do propio concello e despois das viandas, que aínda que acudiron medio cento de persoas máis das esperadas a comida chegou de abondo para todos.

Ao lado, no campo de fútbol, dous veteranos no oficio de asar castañas, levaban facendo as brasas dende as tres da tarde para asar de maneira exquisita os máis de 200 Kg de castañas que serviron de remate da xa tradicional festa do magosto que organiza o Concello para os seus veciños.

 

MAGOSTO 3castañas
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/porqueira/recinto-do-magosto-porqueira-quedouse-pequeno/20191102214804018247.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia