Imprimir

Recoñecemento persoal de D. Cándido Fernández García

Dende a Limia | 25 de enero de 2020

Casa Concello Xinzo
Casa Concello Xinzo
Tenente alcalde socialista  de Xinzo asasinado pola ditadura franquista nos comezos da Guerra Civil

Esta era o primeiro paso  a cumprimentar por parte do Concello para poder levar a cabo a “reparación e  o recoñecemento persoal de Cándido Fernández García e de tódalas vítimas da Guerra Civil e do franquismo.

documentoO pasado 20 de febreiro o grupo Socialista presentou unha moción para o recoñecemento  persoal do que fora concelleiro Socialista e Tenente de alcalde de Xinzo, asasinado, para que o Concello recoñeza  de algunha maneira a esta persoa.
A Moción fora aprobada pola unanimidade dos concelleiros e dos grupos políticos que formaban a corporación.
O primeiro paso era a do recoñecemento por parte do Ministerio que esta semana xa recibiu o Concello.
A partir de agora, segundo a alcaldesa, porémonos en contacto con familiares de Daniel para “Recoñecer publicamente a memoria das vítimas da represión franquista mediante monumento, placa, mención no rueiro ou outro signo físico situado na rúa e sinalar e delimitar a fosa común que existe no Cemiterio de titularidade municipal de Xinzo de Limia, segundo propuñan na moción presentada en febreiro.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sociedade/reconecemento-persoal-d-candido-fernandez-garcia/20200125001055019161.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia