Imprimir

Reflexións sobre as Redes Sociais

Pablo Sanmartín | 08 de enero de 2014

06_06_redes-sociales1
06_06_redes-sociales1
PABLO SANMARTÍN As redes sociais (ou RR.SS.) existiron toda a vida. Non é que inventaran nada, senón que simplemente levaron as...

PABLO SANMARTÍN

As redes sociais (ou RR.SS.) existiron toda a vida. Non é que inventaran nada, senón que simplemente levaron as accións cotiás que se daban a diario ao mundo de Internet, ao mundo virtual como se soe dicir. O típico de “corre, vai  e dille”  poderíase traspasar o que a maioría de nos fai no Facebook: Le, comenta e logo comparte cos teus amigos.

Moitos comparamos este fenómeno das Redes Sociais como o que aconteceu cando se xeneralizou o uso de Internet. A sociedade actual está ante un gran cambio tecnolóxico e histórico xa que estas redes socias cambiaron por completo a forma en que temos de comunicarnos.

Agora xa non mandamos SMS, senón que enviamos un whatsapp… non che envío as fotos do pasado fin de semana, ..senón que as colgo no facebook e etiquétote.. e isto facémolo todos, novos, non tan novos e maiores. Porque o bo destas tecnoloxías e que chegan a todo o mundo e a tódolos lados …

¡¡Ollo!! que non todo e de cor de rosas. Hai que ter coidado co que se conta nas redes socias, pondo especial atención nas políticas de privacidade das nosas contas de usuario. Desto falaremos máis adiante.

E Xinzo no ía ser menos, cada vez máis usamos o facebook pra estar en contacto cos nosos amigos e ademais para seguir as marcas ou empresas, por exemplo as que teñen presenza nas redes sociais da nosa vila. ¿De cantas cousas nos enteramos que acontecen en #Xinzo a través do Facebook?

Vamos que non hai que terlle medo a estas novas formas de sacarlle rendemento os ordenadores e os móbiles. E isto vai tanto para vos, coma paras empresa, comercios locais da vila,… etc que poden quitarlle un bo proveito as Redes Socias.

Sen ir máis lonxe este periódico dixital Limián, ten a súa extensión nas redes sociais coma Twitter ou facebook onde se poden seguir a súas noticias.

A veces tomámonos a broma isto do Facebook, pero a verdade é que esta totalmente introducido na sociedade e é un cambio irreversible, non se pode parar.

Tanto é así que agora xa non lle enviamos as cartas o Reis Magos, senón que lle podemos ata escribir un mensaxe por o Face…

Aínda que son amante destes inventos sigo preferindo o método tradicional, non vai ser que as súas maxestades non revisen o seu Facebook e me quede sen regalos.

Vémonos na próxima TecnoLimiáns…

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/colaboradores/reflexions-redes-sociais/20140108122358000899.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia