Imprimir

Tarde literaria en Vilar de Santos

Dende a Limia | 26 de octubre de 2019

Presentouse o nº 14 da revista Lethes

Un ano máis o salón de plenos do Concello de Vilar de Santos foi o lugar escollido para a dobre celebración deste ano da revista Lethes. O primeiro é a presentación do seu número 14 e a celebración dos vinte anos, dende o nacemento da mesma.

Moitos foron os que se achegaron ata o lugar para facerse co último exemplar, escritores, historiadores alcaldes, deputados provinciais e autonómicos e ata o próximo “Pedra Alta 2019”.

Manuel Seoane presidente do Centro Cultural da Limia foi o mestre de cerimonias e o introdutor da persoa invitada, este ano, a Presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez Blanco.

14 ARTIGOS E DOUS DISCURSOS

                               Despois de agradecer a presenza de todos os que se atopaban no salón e ás entidades colaboradoras, sen as que a edición da revista sería imposible ou case imposible, pasou a debullar e presentar os 14 artigos que aparecen na revista  dos que a maioría teñen o fío condutor da desecación da Lagoa de Antela da que se cumpre este ano os 60. Dos artigos que non seguen este fío encontraremos un onde Noe fai unha descrición da traxectoria da Taberna da Noe dende os seus comezos ata converterse na mellor sala de concertos de Galicia nos premios Martín Codax. Fora do tema condutor encontramos tamén dous artigos relacionados coa vila de Xinzo, o do historiador Miro M. Cerredelo sobre a familia Ruca e o de Xosé A. Carrera “Bosquexo dun antigo barrio de Xinzo”. Non podemos esquencer aos outros articulistas deste número Guillermo Budiño, Xosé Manuel Cid, Delfín Caseiro Chus Pato, Augusto Pérez, Alexander de los Rios, André Taboada, Carlos Morais...

Outra novidade do novo número da revista e a inclusión nela dos dous discursos dos premios Pedra Alta dos dous últimos anos Antonio Rodríguez Colemenero e Elixio Rivas.

ESTA É UNHA REVISTA QUE MAIS BEN PARECE UN ESCONXURO

                               Rosario Álvarez comezou a súa intervención agradecendo a invitación recibida estando hoxe nesa sala cando non é fácil ver unha sala chea de xente nun acto literario.
Tamén agradeceu a invitación precisamente cando unha revista cumpre 20 anos, sobre todo dunha revista chea de voluntarismo.
É unha revista que parece un esconxuro continuou dicindo a invitada porque é unha revista que está tan empeñada en manter a memoria, vinculala co presente... e que se chame LETHES, de primeiras non é crible, porque o seu propio nome afasta o esquecemento.
O acto comezou e rematou coa música que nesta ocasión puxeron os irmáns Felix e Castor Castro.IMG-20191026-WA0001

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/vilar-de-santos/tarde-literaria-vilar-santos/20191026151103018127.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia