Imprimir

Os traballadores do Concello de Xinzo reuniranse esta tarde da man da CIG para abordar a situación xudicial do alcalde

Dende a Limia | 23 de enero de 2014

A reunión será ás 14:30 horas na  Casa da Cultura e tamén tratará temas coma a negociación colectiva

REDACCIÓN

[email protected]

Os máis de cen traballadores que ten o Concello de Xinzo están convocados para esta tarde ás 14.30 horas na Casa da Cultura pola CIG, o sindicato maioritario para a celebración dunha asemblea. Entre os puntos a tratar atópase a situación xudicial na que están sumidos o propio consistorio e o seu presidente, Antonio Pérez. Despois de que se ditaran contra eles ata oito sentenzas condenatorias pola realización de contratos irregulares, e sobre os que rolda a investigación dun proceso penal por presunta prevaricación.

Pero esta non é a única  preocupación que teñen os empregados municipais. A sombra do ERE co que ameazara o alcalde e a redución salarial do 15% á que se viron sometidos, planeará seguramente hoxe no debate que o sindicato programou sobre a negociación colectiva.

Fotografía: Ourense Dixital.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/colaboradores/traballadores-do-concello-xinzo-reuniranse-tarde-da-man-da-cig-abordar-situacion-xudicial-do-alcalde/20140123140324000932.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia