Imprimir

Un veciño de Trasmiras de 93 anos revoluciona as redes sociais co seu baile no Oleiro

Patricia F.S | 27 de enero de 2016

    O seu nome é Manuel e estase convertendo no home máis famoso da contorna e xa é un dos temas máis comentados nas redes sociais da Limia. 

Este veciño de Trasmiras e de 93 anos, estaba gozando do Oleiro na compañía da súa familia. Por máis dunha vez intentou desprenderse da manta e a chaqueta para poder botar un baile pero os familiares trataron de frealo. Finalmente non puido agardar máis e a música dos gaiteiros provocou que se erguese da súa cadeira de rodas e rematase danzando. A súa idade non impediu que este home pasase un rato máis que agradable e rematou recibindo o aplauso de todo o público e tamén do grupo de músicos. 

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/entroido-2016/vecino-trasmiras-93-anos-revoluciona-redes-sociais-co-seu-baile-no-oleiro/20160127091347006269.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia