Imprimir

Os veciños de Santa Comba de Bande denuncian o mal estado das marquesiñas das paradas de autobús

Patricia F.S | 05 de octubre de 2015

As estruturas teñen os cristais e o teito rotos

    A xente de Santa Comba de Bande leva tempo pedindo unha solución para o mal estado das paradas de autobús. Hai dúas marquesiñas que teñen as placas de metacrilato  rotas e ó redor delas hai moita maleza. Esto supón un problema para os usuarios das paradas pois a maioría é xente de idade avanzada que ten dificultades para acceder ó espazo. Agora comezan as fortes choivas e o mal tempo, e o feito de que as marquesiñas teñan os cristais rotos supón que a xente corra o risco de mollarse en canto esperan a chegada do autobús.

Os veciños e veciñas da zona denuncian a situación a través dun comunicado pois levan tempo reclamando unha solución que aínda non chegou. Manifestan que en numerosas ocasións acudiron ó Concello para pedir que arranxen as marquesiñas se lles corresponde e senón que trasladen o problema a quen sexa responsable. A día de hoxe seguen agardando unha resposta e xa empezaron a chegar os primeiros temporais con fortes choivas e vento. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/bande/vecinos-santa-comba-bande-denuncian-mal-estado-das-marquesinas-das-paradas-autobus/20151005122713005402.html


© 2021 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia