Imprimir

Verbena de charangas e orquestras e moita programación infantil para a Santa Mariña

Patricia F.S | 12 de julio de 2016

Os festexos da vila de Xinzo teñen un custo que ronda os 30.000 euros

    A programación das festas da Santa Mariña de 2016 saiu á luz con actividades que comezan o xoves e duran ata o luns. Así o festexo da vila de Xinzo arranca o día 14 desta semana con xogos para os máis pequenos na piscina exterior municipal a partir das 16.30h. Ás 22h terá lugar a proxección do filme "Los Minions" na Praza Carlos Casares.

O venres a Academia de baile Danzón organiza unha festa cubana na Praza Carlos Casares ás 20.30h. Neste mesmo espazo e ás 22h comezará a proxección de "Vida" de Rubén Riós. A partir das 00h será a quenda da Dj´s & Rap Party na Praza de Oriente. 

O sábado comeza a programacion forte co desfile ás 19h das bandas que participan no II Festival de Gaitas "Vila de Xinzo" que dará comezo ás 22.30h na Praza Carlos Casares. Para os máis pequenos haberá un espectáculo a cargo do grupo teatral Trécola ás 19.30h na Praza Maior. A coral Santa Mariña dará un concerto na Igrexa Nova acompañados pola Agrupación Musical da Limia ás 20.45h. Por vez primeira a verbena correrá a cargo de charangas XL, Nova e BCB, que percorerrán a vila dende as 21h ata ás 3h. 

O domingo 17 vaise celebrar a entrega do premio de narrativa curta Carlos Casares na Praza Maior. O acto terá lugar ás 13h e estará amenizado pola banda de gaitas de Candás. Pola tarde os cativos teñen unha cita con Xan Curiel e a banda SON + d2 na Praza Maior pasadas as 19.30h. A música chegará ata a Igrexa Vella coa II Xuntanza de Bandas de Música que darán un concerto ás 20h. O domingo é a quenda das orquestras coa actuación de Palladium no Parque do Toural ás 21h e Nebraska na rúa Arnoia do Polígono ás 22.45h. 

A Santa Mariña chega ó seu fin o luns cando terá lugar a procesión coa imaxe da patroa ás 12h. Pola tarde volven os xogos para os máis pequenos na piscina municipal. Ás 19h terá lugar unha actuación de Aneis Teatro para o público infantil. A Praza Carlos Casares é o escenario escollido para a actuación de María do Ceo ás 20h acompañada pola Agrupación Musical da Limia e a coral Santa Mariña.

O punto e final dos festexos corre a cargo das orquestras Pontevedra e Alianza que actuán no Toural e no Polígono respectivamente. Comezarán ás 21h e iranse alternando ata as 2.15h.

O Concello amosou a súa satisfación pola organización dunha festa na que botaron en falta a colaboración dos veciños. Tamén se manisfestaron queixas pola escasa participación de comercios e establecementos de hostalería. Mesmo lembraron que hai cidades onde son as propias asociación de comerciantes as que organizan as festas patronais. 

Así as cousas o rexedor declarou que o vindeiro ano porase máis atención para a posta en marcha da Santa Mariña. Unha festa na que este ano se invertiron preto de 30.000 euros. Cantidade que foi posible aboar cos 10.000 euros das arcas públicas, os preto de 5.000 de aportación da veciñanza, axuda da Deputación e o que se recaude polos postos dos feirantes. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/verbena-charangas-orquestras-moita-programacion-infantil-santa-marinha/20160712125814007266.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia