Imprimir

Vilar de Barrio aproba os orzamentos do ano 2017

O. Ferreiro | 03 de junio de 2017

O rexedor de Vilar de Barrio, Julio Pérez (84 anos), o alcalde máis vello da provincia.
O rexedor de Vilar de Barrio, Julio Pérez (84 anos), o alcalde máis vello da provincia.

Grazas á maioría absoluta do Partido Popular comandado polo octaxenario Julio Rodríguez, aprobouse un orzamento de 989.365,58 € para xestionar ao longo deste ano.

Vilar de Barrio celebrou o pasado venres o plenario ordinario correspondente ao mes de maio. Na cita tratáronse multitude de puntos, entre os que destacou a aprobación dos orzamentos para o presente exercicio 2017 e a liquidación do correspondente ao ano 2016. 

A proposta foi rexeitada por parte dos dous edís do PSdeG, do único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego e da representante do grupo mixto.

Grazas á maioría absoluta do Partido Popular comandado polo octaxenario Julio Rodríguez, aprobouse un orzamento de 989.365,58 € para xestionar ao longo deste ano. A proposta foi rexeitada por parte dos dous edís do PSdeG, do único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego e da representante do grupo mixto. O voceiro nacionalista, Samuel Formoso, sinalou denunciou que o documento non contemplara ningunha "partida específica que teña como obxectivo fixar poboación no rural". Dentro dos orzamentos aprobados, destaca o capítulo adicado a gastos de persoal , que supón máis da metade do gasto previsto para o exercicio.

O grupo de goberno votou negativamente á proposta da edil do grupo mixto para a modificación da xornada laboral partida dos traballadores municipais, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral. 

Na sesión tamén se aprobou a liquidación do orzamento correspondente ao pasado exercicio 2016. Neste punto, o remanente de tesourería total nas arcas municipais ascendeu a 223.132,58 €.

Tamén se abordaron outros puntos como a aprobación do convenio de colaboración para a xestión compartida do obradoiro "A Lagoa". Así mesmo, o grupo de goberno votou negativamente á proposta da edil do grupo mixto para a modificación da xornada laboral partida dos traballadores municipais, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/vilar-de-barrio/vilar-barrio-aproba-orzamentos-do-ano-2017/20170603222800009810.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia