Imprimir

Xinzo tamén gardou un minuto de silencio

Dende a Limia | 17 de septiembre de 2019

Seguimos vendo que a violencia machista, non cesa, (Elvira Lama)

Funcionarios e persoal laboral do Concello encabezados pola alcaldesa Elvira Lama a quen acompañaban membros da corporación local, así como veciños e veciñas gardaron un minuto de silencio ás 12 da maña ´para manifestar a total repulsa de todos os veciños e veciñas do Concello ante o triple crime machista acaecido no concello de Valga no día de onte.

Antes de gardar o minuto Elvira Lama dirixiuse aos presentes  para recordar que   tristemente volvémonos a concentrarnos  diante do Concello para gardar un minuto de silencio,  para rexeitar o triple asasinato no Concello de Valga. Triple asasinato outra vez, de mulleres, tres mulleres, das que por desgracia, solo unha pasará a engrosar a estadística da violencia de xénero. Este desgraciado, deixou a unhas criaturas nun mesmo feito  sen nai, avoa e tía, pero aínda o máis grave é que o fixo en presencia dos seus fillos, que iso fai que o acontecemento sexa aínda máis grave.

IMG-20190917-WA0007Seguimos vendo que a violencia machista, non cesa, e contra esa violencia de xénero exercida por homes contra mulleres, polo mero feito de ser mulleres, temos que loitar dia a día , sen fisuras e todos xuntos.
Cada día máis temos que reivindicar financiamento por riba da mesa, para que  tamén dende as entidades locais poidamos facer prevención e tratamento,  e sobre todo educación dende o berce, porque soamente dende a educación, poderemos algún día erradicar esta lacra.
Oxalá este minuto de silencio sexa o último do ano, querémonos libres, querémonos vivas, pero en ningún caso vamos a dar un paso atrás nesta loita.

Para rematar Elvira Lama anunciou que dende a  Alcaldía se convoca os veciños a unha Concentración maña día 18 as 20:00 na Praza Carlos  Casares en repulsa destes crimes, igual que se vai facer en outros Concellos de Galicia.!!
 

NON Mais violencia machista.. Non máis Violencia de xénero.!

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/xinzo-tamen-gardou-minuto-silencio/20190917170223017707.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia