Imprimir

Xogos e teatro para os máis pequenos no Parque do Toural de Xinzo

Patricia F.S | 24 de agosto de 2016

    A mañá do venres será unha xornada especial para os máis cativos cunha morea de actividades programadas.

A partir das 10.30h comezará unha obra de teatro denominada "Non teñas medo". A peza recolle a historia dun neno que a través da súa imaxinación percorre o mundo buscando monstros.

Ó remate do teatro terá lugar a apertura da carpa interactiva ás 11.30h na que os nenos e nenas poderán gozar de xogos virtuais. Entre eles un simulador de condución, karaoke e diversos xogos coa Playstation. Tamén será o momento no que comecen a funcionar os inchables, o toro mecánico e un taller de tatuaxes. 

As actividades terminan cunha festa da escuma con temática Steampunk.

A ludoteca móvil é un proxecto que organiza a Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Xinzo de LImia. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/axenda-cultural/xogos-teatro-mais-pequenos-no-parque-do-toural-xinzo/20160824143542007543.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia