Imprimir

A XUNTA SUSPENDE AS AUTORIZACIÓNS DE ACCESO AO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO POLAS MALAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

Dende a Limia | 10 de enero de 2018

A medida empezou a aplicarse desde este mediodía e se manterá con carácter preventivo ata que as previsións meteorolóxicas sexan máis favorables

A Consellería de Medio Ambiente suspendeu hoxe a expedición de autorizacións de entrada ao Parque Natural do Invernadeiro debido ás condicións meteorolóxicas adversas que está a sufrir a provincia de Ourense nos últimos días e ante a previsión de que se produza un empeoramento da situación. A medida comezou a aplicarse este mediodía e manterase ata que o prognóstico meteorolóxico sexa máis favorable, co fin de adoptar todas as precaucións posibles para evitar accidentes.

O Parque Natural do Invernadeiro está situado a máis de 1000 metros de altitude no concello de Vilariño de Conso, en pleno macizo central ourensán. Segundo a información facilitada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente, nestes momentos na pista de entrada ao mesmo existe unha capa de neve de aproximadamente 5 centímetros.

A forte pendente desta pista unida ás previsións meteorolóxicas para as próximas horas, xa que segundo Meteogalicia se agardan precipitacións que poderán ser de neve hoxe pola noite e mañá pola tarde, aconsellan limitar a entrada ao parque, salvo para realizar labores de vixilancia e mantemento en vehículos todoterreo.

A decisión de suspender as autorizacións de entrada a O Invernadeiro tómase pensando na seguridade dos visitantes e para evitar posibles accidentes, unha medida preventiva que de feito xa se adoptou en anos anteriores ante circunstancias similares.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/xunta-suspende-autorizacions-acceso-ao-parque-natural-do-invernadeiro-polas-malas-condicions-climatoloxicas/20180110225155011643.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia