A Deputación atenderá o 100 % das axudas solicitadas para a adaptación funcional de vivendas de maiores de 65 anos

A Deputación atenderá o 100 % das axudas solicitadas para a adaptación funcional de vivendas de maiores de 65 anos

A alta e a baixa Limia entre os concellos subvencionados están: Bande, Os Blancos, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Rairíz de Veiga e Xinzo de Limia

A Deputación de Ourense atenderá o 100 % das solicitudes presentadas para acceder á nova liña de axudas de adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos. Son 55 as subvencións concedidas en 35 concellos da provincia por un importe próximo a 100.000 euros, cantidade total prevista para estas achegas.

A maior parte das solicitudes foron presentadas desde os servizos sociais municipais, aos que se lle presentou o programa nunha xornada técnica desenvolvida no Pazo de Guizamonde no pasado mes de maio. Os concellos de residencia dos beneficiarios son Amoeiro, Bande, Barco de Valdeorras, Os Blancos, Castrelo de Miño, Cenlle, Cualedro, Entrimo, Esgos, A Gudiña, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Toén, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

No Boletín Oficial da Provincia do pasado 2 de xuño publicábanse as bases reguladoras da primeira convocatoria provincial do “Programa de adaptación de vivendas para maiores de 65 anos”, unha iniciativa xestionada dende a Área de Benestar da Deputación de Ourense.

O obxecto da convocatoria foi a adecuación funcional de vivendas, sempre que fose a habitual, podendo levar a cabo dous tipos de actuacións.

Por unha banda, aluguer de elementos de axuda técnicos como por exemplo camas articuladas, cadeira de rodas para vivenda, guindastres ou salvaescaleiras, entre outros.

A segunda opción subvencionable correspóndese con aquelas actuacións de adaptación ou reforma da vivenda que faciliten e ou melloren a calidade de vida.

Como requisitos, as persoas solicitantes deben ser maiores de 65 anos ou cumprilos neste ano 2025, estar empadroados nalgún concello de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense e  o nivel de renda non ser superior a 3 veces o IPREM.