Unha mirada dende a Galicia profunda

Unha mirada dende a Galicia profunda


A exposición «Vangardas Rurais» recolle máis de trinta anos de fotografía íntima e comprometida co territorio da Baixa Limia

A beleza silenciosa do rural galego cobra vida na exposición fotográfica Vangardas Rurais, unha mostra que recompila máis de tres décadas de traballo do fotógrafo Antonio Álvarez. A través do seu obxectivo, o autor ofrece unha ollada íntima e comprometida sobre o Parque Natural Baixa Limia?Serra do Xurés, territorio que non só habita, senón que interpreta.

Desde os seus primeiros disparos, Álvarez deixou claro que a súa cámara non era só unha ferramenta técnica, senón unha extensión da súa percepción emocional. «Ando na procura de gravar emocións, sexan reais ou imaxinarias. O que sucede detrás da cámara tamén queda gravado na toma”, afirma. Esa mirada introspectiva é o fío condutor da exposición, que percorre a súa evolución artística e vital.

Vangardas Rurais amosa unha crónica visual da Galicia profunda: paisaxes, arquitecturas tradicionais, detalles que moitas veces pasan desapercibidos. Mais lonxe dunha visión idealizada, Antonio ofrece unha poesía visual austera e sen artificios, onde o verdadeiro protagonista é o rural: complexo, real, fermoso e, con frecuencia, esquecido.

Para continuar lendo prema aquí

La Voz de Galicia-Ourense