miércoles 30/9/20

V. de Barrio

Longa noite de medo e lume en Rebordechao (Vilar de Barrio)

As imaxes son das tres da mañá, cando as vivendas de Rebordechao, en Vilar de Barrio, saían do perigo das lapas. O lume orixinado pouco antes da mediodía deste sábado, ademais das ducias de hectáreas que xa leva queimado, deixou dos feridos entre os membros da BRIF de Laza. Un deles precisou ser trasladado en helicóptero ata o Hospital de Verín con queimaduras de segundo grao. O outro sufriu un corte tamén nunha perna contra unha pedra e foi atendido no lugar. 
Comentarios
Longa noite de medo e lume en Rebordechao (Vilar de Barrio)