A Aguilhoar apoia unhas xornadas para lembrar aos emigrantes e perseguidos de Galicia e Portugal

emigración aguilhoar
A Aguilhoar apoia unhas xornadas para lembrar aos emigrantes e perseguidos de Galicia e Portugal
A asociación cultural colabora as “I Jornadas de Memória” para os vindeiros 25 e 26 de abril en Xinzo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O...

A asociación cultural colabora as “I Jornadas de Memória” para os vindeiros 25 e 26 de abril en Xinzo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O centro social Aguilhoar colabora na preparación para os vindeiros 25 e 26 de abril das I Jornadas de Memória “Portugal- Galiza: emigrantes e perseguidos”. Con esta iniciativa que incluirá varias actividades culturais, pretenden non só lembrar senón tamén homenaxear aos exiliados e emigrados dos dous lados da fronteira, especialmente ao comezo das ditaduras que se estableceron en ámbolos dous países a partir do segundo terzo do século XX. A organización corre a cargo da AGAL, Pró-AGLP,  e a Assoc. de Montanha “Arnau”, coas que colaboran o Coro de Santa Mariña, o Concello de Xinzo e a propia Aguilhoar.

Os actos comezarán o venres 25 de abril ás 20 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia  coa presentación do libro “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galizz (1890-1940)” do economista e historiador coruñés Dionisio Pereira. Seguiralle unha mesa redonda na que participarán o propio autor, ademais de Camilo de Dios, antigo guerrilleiro antifranquista nado na Limia, e os historiadores Miro Martínez e Alex Rodríguez.  A xornada acabará coa actuación da Coral de Santa Mariña.

Para o sábado está planeado un roteiro á Edreira de 20 quilómetros, con Camilo de Dios que sairá ás dez da mañá. A viaxe máis o almorzo teñen un prezo de 15 euros é e necesario inscribirse previamente ben mandando unha mensaxe de texto ao 677 757 983 ou ao Facebook da asociación. Este días da lembranza Terán como broche final o concerto de Terra Morena ás 22 horas no centro social Aguilhoar.

Para máis información pódese visitar a páxina do evento en Facebook premendo aquí.