Dende a Limia é un xornal exclusivamente dixital con domicilio social en Marcelo Macías 64 baixo, 32630 Xinzo de Limia, Ourense. Todos os dereitos de propiedade intelectual perteñecen aos seus autores (textos, imaxes, sons, audio, vídeo, deseños, creatividade e software empregado), mentres que os de propiedade industrial e comercial perteñecen ao propio xornal, Dende a Limia

O lector pode visualizar todos os elementos, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico, a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, xa que logo, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución interesada, así como a súa modificación, alteración ou descompilación. 
Aos efectos do previsto no artigo 32.1 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, Dende a Limia oponse expresamente á utilización de calquera contido deste diario dixital coa finalidade de realizar reseñas ou revistas de prensa con fins comerciais (press-clipping) sen contar previamente coa autorización do diario. 

O lector comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (especialmente aqueles en os que pode tomar parte a título anónimo) que Dende a Limia ofrece na súa sede web, e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas ou contrarias á boa fé e ao ordenamento legal; difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apología do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou, simplemente, difundir información tendenciosa e falsa coa principal finalidade de causar dano a persoas, institucións ou organizacións. En tal caso, Dende a Limia resérvase o dereito de "descolgar" inmediatamente tales contidos, ben sexan informacións, opinións, comentarios ou fotografías; así como efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa sede web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contenios e servizos que presta, como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados. 

Dende a Limia autoriza mencións aos seus contidos noutras sedes ou sitios web co tratamento que se considere oportuno, a condición de que non se operen cambios substanciais que distorsionen a versión dos feitos ou descontextualicen o tratamento informativo de orixe, e menciónese a fonte (procedencia dos contidos publicados) de forma clara e suficientemente perceptible para o lector. 

Dende a Limia comprométese ao cumprimento e á máis estrita vixilancia da legalidade no uso, manexo e difusión dos datos obrantes no seu poder, de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de 1999 sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), así como polo disposto na Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (Lei 34(2002 de 11 de xullo).