Tres anos de prisión para os dous senegaleses que atracaron ao imán de Xinzo en 2012

Atraco imán Xinzo
Tres anos de prisión para os dous senegaleses que atracaron ao imán de Xinzo en 2012
O líder relixioso sería á súa vez detido ao ano seguinte na meirande trama de falsificación de roupa en España REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter:...

O líder relixioso sería á súa vez detido ao ano seguinte na meirande trama de falsificación de roupa en España

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Ousmane Thian e Serigne Bassirou, dous mozos de nacionalidade senegalesa irrompían unha tarde de verán de 2012 no Comercial Marrakech de Xinzo de Limia armados con pistolas. Ataron e amordazaron ao propietario, o imán Mohamed Nouri, ao seu empregado e ao fillo pequeno de cinco anos. Despois de ameazalos e incluso agredilos levaron do establecemento 9.000 euros en prendas de roupa.  Un ano e uns meses despois, en decembro de 2013, Nouri era detido xunto coa súa dona como presunto líder da maior trama de falsificación de roupa de España.

Pero onte tocáballe aos seus agresores presentarse ante o xuíz. E así o fixeron, aceptando unha condena de tres anos e medio de prisión para evitar o xuízo. Aquel día de xullo, despois de perpetrar o atraco, os dous homes eran abandonados na vila limiá polos seus compinches cos que viaxaran desde Valencia en coches alugados. Sos nun lugar que non coñecían, intentaron buscar refuxio nun poboado xitano, pero foron rexeitados literalmente a paus polos seus habitantes e detidos pola Garda Civil. Finalmente, estes dous atracadores ingresaron en prisión, onde permanecen desde o pasado 1 de xullo de 2012.

Noura Aziam, a muller de Nouri, foi unha peza clave para a detención dos agresores do seu home, pois ela chegaba ao establecemento ao tempo que eles o abandonaban, identificando os seus vehículos. Noura asegurou en declaracións ao diario El País que está “decepcionada” cas leis españolas porque os condenados polo asalto “cometeron un atentado contra a vida de tres persoas” e tres anos de prisión “é una pena moi pequena”.