CxG ponlle cara a Europa

20140322_121404
CxG ponlle cara a Europa
A formación galeguista escolleu a Paulo López como candidato para o Parlamento de Estrasburgo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Con case o 50% dos votos,...

A formación galeguista escolleu a Paulo López como candidato para o Parlamento de Estrasburgo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Con case o 50% dos votos, o xornalista e politólogo de 28 anos Paulo Carlos López convertíase no candidato de Compromiso por Galicia para as eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebrarán no próximo mes de maio. Este betanceiro encabezará a lista de CxG, formación que concorre aos comicios xunto co PNV, CC e CiU.

Na súa intervención, xa como candidato oficial, Paulo Carlos López remarcou “que CxG sementou unha nova forma de facer política, unha nova forma de elixir aos candidatos que implica un empoderamento da sociedade fronte aos aparatos dos partidos”. López agradeceu o esforzo que fixeron os outros tres candidatos e tamén loubou o esforzo organizativo da formación para demostrar que “Compromiso ten as paredes de cristal”. Finalizou a súa intervención dicindo que a campaña de CxG para as eleccións europeas será a “campaña da ilusión e da forza”.