Detido en Xinzo un home con máis de 3.000 euros en roupa falsificada

Detido en Xinzo un home con máis de 3.000 euros en roupa falsificada

O cidadán marroquí foi interceptado no se vehículo no quilómetro 193 da autovía A-52

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Un cidadán marroquí de 42 anos e veciño de Xinzo, foi detido onte contra as nove da noite pola Garda Civil, cando circulaba co seu coche polo quilómetro 193 da autovía A-52, segundo informou o propio Instituto Armado.

O home levaba no vehículo ata 570 prendas de roupa, supostamente falsificada, que estarían valoradas en máis de 3.000 euros. Unha patrulla de Tráfico de Verín foi quen o interceptou, e quen descubriu tras identificalo e rexistrar o coche, a carga que contiña.