Dous mozos de Xinzo detidos en Trasmiras mentres roubaban motores e ferramentas

Dous mozos de Xinzo detidos en Trasmiras mentres roubaban motores e ferramentas

Foron pillados polo propietario dun serradoiro no Mourozo cando subtraían o material

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

M.G.H. e D.R.S. dous veciños limiaos de 32 anos cargaban na súa furgoneta varios motores e ferramentas que acababan de roubar nun serradoiro de pedra en O Mourozo (Trasmiras) cando eran sorprendidos “cas mans na masa” polo propietario. Apenas unha hora despois do suceso grazas aos datos que o dono das instalacións tomara da furgoneta, esta era localizada pola Garda Civil en Calvos de Randín, e os dous ladróns, detidos.

Os feitos tiveron lugar o pasado domingo e agora estes dous mozos de Xinzo enfróntanse a un delito de furto por ter intentado subtraer material valorado en 3.000 euros. Será o xulgado de instrución de Xinzo quen se encargue deste caso.