EXPECTACIÓN ANTE A ATERRAXE DO HELICÓPTERO DO 061 NA EXPLANADA DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE XINZO

Momento en que o enfermo foi trasladado da ambulancia ó helicóptero
EXPECTACIÓN ANTE A ATERRAXE DO HELICÓPTERO DO 061 NA EXPLANADA DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE XINZO
Policía Local, Guardia Civil e membros de protección civil actuaron conxuntamente para dirixir o tráfico das inmediacións e controlar o...

Policía Local, Guardia Civil e membros de protección civil actuaron conxuntamente para dirixir o tráfico das inmediacións e controlar o numeroso público que se achegou ata o lugar

Pasadas as doce da mañá de hoxe luns, efectivos da policial local dirixíanse a explanada do pavillón de deportes detrás dunha ambulancia do 061. No lugar, xa se atopaba aterrado un helicóptero do 061 que fora solicitado dende o ambulatorio de Xinzo, según puidemos saber, para recoller a un veciño da comarca que sufrira un paro cardíaco. O despegue foi seguido por unha grande cantidade de curiosos que a aquelas horas do mediodía se dirixían as piscinas, ou simplemente paseaban pola zona.