O exsecretario limiao reafirma a existencia dos informes negativos ás contratacións anuladas no Concello

IMG_9150
O exsecretario limiao reafirma a existencia dos informes negativos ás contratacións anuladas no Concello
Isto foi o único que transcendeu das declaracións do funcionario onte ante a xuíz de Xinzo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Onte pola tarde, ao fío...

Isto foi o único que transcendeu das declaracións do funcionario onte ante a xuíz de Xinzo

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Onte pola tarde, ao fío das 13 horas, chegaba ao xulgado de Xinzo Demetrio Martínez, ex secretario do municipio para relatar a súa versión acerca das contratacións irregulares realizadas polo Concello no ano 2012. Despois de que os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense eliminaran ditos contratos e detectaran indicios de prevaricación na actuación do rexedor da vila, Antonio Pérez, a titular de Xinzo iniciou unha investigación pola vía penal. E é dentro deste proceso no que se inclúen estas declaracións nas que o ex secretario non fixo máis que reafirmar o que xa lles contara aos letrados do contencioso, que el realizou varios informes en contra dos contratos.

A esta comparecencia do ex funcionario, que se daba por finalizada dúas horas despois, cando faltaba soamente uns minutos para as tres da tarde, non acudiu nin a Fiscalía nin a Avogacía do Estado. Si estaba a letrada Alba Arrizado, que acudiu como acusación popular en representación da central sindical CIG, que cas súas denuncias foi a responsable de que se iniciasen as dilixencias en contra do municipio, pero non quixo facer declaracións alegando que a investigación está “baixo secreto de sumario”.