As filiais da Banda de Gaitas de Xinzo participarán o sábado na 1ª Fase da XXIV Liga Galega

Liga de Gaitas
As filiais da Banda de Gaitas de Xinzo participarán o sábado na 1ª Fase da XXIV Liga Galega
O campionato terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O próximo sábado 12 de abril...

O campionato terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O próximo sábado 12 de abril celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela a primeira fase da XXIV Liga Galega de Bandas de Gaitas. A este campionato acudirán en representación da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia as súas filiais B e C que concursan nos graos segundo e cuarto, respectivamente.

A Banda de Gaitas de Xinzo de Limia B actuará ás 19:01 horas e a C contra as 12 do mediodía. É compañeira do terceiro grao a Banda do Concello de Lobeira que ofrecerá a súa actuación ás 12:44 horas. Outras bandas limiás se medirán nesta fase da liga, nesta caso no primeiro grao, Os Blancos e Vilar de Barrio que tocarán ás 20:26 e ás 20:40.

As agrupacións son valoradas por ata cinco xuízos que puntúan os aspectos relacionados co conxunto, a afinación, as gaitas, a percusión e a estética.