Fume de fachóns, corozas e roupa "vintage"

IMG_9299
Fume de fachóns, corozas e roupa "vintage"
Os limiaos percorreron a vila mofándose dun estoico "Meco" que nin se inmutou  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Fume de fachóns, corozas e roupa “vintage”. Estes...

Os limiaos percorreron a vila mofándose dun estoico "Meco" que nin se inmutou 

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Fume de fachóns, corozas e roupa “vintage”. Estes foron os principais ingredientes da procesión do “Meco” que saía onte á tardiña ( sábado) da Praza de Oriente de Xinzo de Limia. O atrezzo completábano o carro de bois que levaba ao monicreque con bigote cara a súa morte anunciada, e a música das gaitas.

Xinzo retrocedía así no tempo ata os albores do século pasado para botar unha risada e honrar unha das tradicións máis senlleiras do seu Entroido. O mérito de que os limiaos atraquen os armarios do seus devanceiros para percorrer as rúas da vila mofándose de todo o malo, e de que este antigo costume se conserve é das asociacións A Pantalla e Aimil Folc.

Se queres ver máis fotos da Procesión do Meco, preme aquí, de seguro apareces en algunha!