A inversión do Inorde no 2013 quédase en 93.000 euros (La Voz de Galicia)

A inversión do Inorde no 2013 quédase en 93.000 euros (La Voz de Galicia)

OURENSE/ LA VOZ

15 de Xaneiro de 2014

No Boletín Oficial de la Provincia de onte apareceu publicada a última modificación orzamentaria do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), que grazas ao diñeiro aforrado permitiu destinar 52.000 euros para promover o emprendemento. Este trámite serviu para coñecer tambén o estado de ingresos e gastos tras esa modificación orzamentaria. Segundo os datos recollidos onte, as inversións reais do Inorde no ano 2013 quedaron en 93.000 euros. A escasa dotación dese capítulo é habitualmente criticada pola oposición e o goberno provincial argumenta que a entidade capta moito máis diñeiro en fondos europeos.

FONTE: LaVoz de Galicia. Para ler a noticia orixinal preme aquí.