LimiaRed

ADRIANA JIMÉNEZ Chega unha das grandes festas da comarca, a romaría da Sainza. E iso nótase nos internautas e facebookeros. Estas...

ADRIANA JIMÉNEZ

Chega unha das grandes festas da comarca, a romaría da Sainza. E iso nótase nos internautas e facebookeros. Estas semanas hai na rede moitos comentarios sobre esta festa,da que os limiaos desfrutan  coma se fosen eles,o domingo  mouros e cristiáns que loitaran mentres  nos prados a xente goza das paparotas e da música. O río Limia, o río do Esquecemento , o río que a confederación hidrográfica mais olvidado ten. A  confederación e   nós mesmos, e fácil votar a culpa a outros pero tamén hai que dicir que nos tampouco o coidamos demasiado, se hai unha cadeira tirada no medio do río e que algún limiao tirou. Nin os malos son tan malos nin os bos tan bos... e cales son as vosas propostas para a mellora do río? E estas semanas tamén tivemos una triste noticia,que encheu o face de palabras bonitas para don Ángel Mera. Familiares, amigos e moitos antigos alumnos publicaron nos seus facebooks as súas condolencias a familia, e moitas bonitas palabras para esta gran persoa que agora descansa nun lugar mellor.