Lobios quere que a súa "Festa dos Callos Limiaos" sexa declarada de Interese Turístico de Galicia

190812callos
Lobios quere que a súa "Festa dos Callos Limiaos" sexa declarada de Interese Turístico de Galicia
Ademais tamén estuda pedirlle á Xunta a condición de municipio turístico galego REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Leva xa 17 edicións enchendo Lobios de...

Ademais tamén estuda pedirlle á Xunta a condición de municipio turístico galego

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Leva xa 17 edicións enchendo Lobios de comensais dos dous lados da fronteira, ansiosos de degustar un bo prato de “callos limiaos” en pleno mes de agosto. Así que desde o Concello decidiron dar un paso máis. A corporación municipal acaba de solicitarlle á Xunta que a súa festa gastronómica máis célebre sexa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Segundo afirmou Mari Carmen Yáñez, a rexedora de Lobios, en declaracións a La Región, a festa “necesita un impulso para medrar e lograr a declaración será un gran salto, tanto a nivel promocional como de difusión”. De momento contan con tódolos requisitos para que o goberno autonómico lles conceda o que reclaman, pois ademais da exaltación deste marabilloso prato composto a base de bazo, pata, garavanzos e chourizos,  a "Festa dos Callos Limiaos" está chea de contido. Inclúe unha feira de artesanía e a celebración da carretada, unha carreira popular  de carros tradicionais guiados por parellas.

Municipio turístico

Ademais, o equipo que dirixe Yáñez xa está pensando en pedirlle tamén ao goberno de Feijóo a declaración de municipio turístico galego.Con esta idea espérase que esta consideración axude a dar a coñecer ao concello e o seu patrimonio, así como a gozar da prioridade de acceso a fondos autonómicos e programas de promoción.