As Pantallas, protagonistas da anécdota da xornada do Entroido en Santiago

Pantallas Obradoiro
As Pantallas, protagonistas da anécdota da xornada do Entroido en Santiago
O desfile tivo que suspenderse debido ao mal tempo pero a comitiva de máscaras limiás deulle o toque simpático ao...

O desfile tivo que suspenderse debido ao mal tempo pero a comitiva de máscaras limiás deulle o toque simpático ao acto levantando polo aire a Núñez Feijóo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Polos aires. Así foi como acabou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo cando se topou coa comitiva de Pantallas limiás, esta mañá na praza do Obradoiro da capital galega. Esta xornada dedicada a promover os Entroidos da comunidade conseguiu reunir a 600 participantes, pero a chuvia e  o forte vento non permitiron levar a cabo o desfile que estaba programado polas rúas compostelás. Polo que todo o colorido das máscaras e o son das chocas trasladáronse directamente fronte a Catedral de Santiago. E foi aquí onde o presidente, que acudiu a presencialo acto acompañado do alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, acabou nos brazos das Pantallas.

A directora xeral de Turismo explicou aos medios que con esta xornada de “exaltación de todos os entroidos de Galicia”, búscase “chamar a atención sobre a “conservación das tradicións” nesta época. Ademais Castro asegurou que  esta proposta é unha maneira de "desestacionalizar" o turismo en Galicia ao "invitar ás comunidades próximas" a que visiten Galicia "para vivir" os entroidos galegos e "desfrutar" da súa gastronomía típica.