A pista de Esperanza Fernández pérdese en Trasmiras

desaparecida
A pista de Esperanza Fernández pérdese en Trasmiras
A muller de 76 anos e veciña de Cualedro falta da súa casa desde o martes REDACCIÓN redac@dendealimia.com A última vez que viron...

A muller de 76 anos e veciña de Cualedro falta da súa casa desde o martes

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

A última vez que viron a Esperanza Fernández, de 76 anos e veciña de Cualedro, paseaba polo lugar de Pardieiros na localidade limiá de Trasmiras. Esperanza, que sufre de alzheimer, falta da súa casa de Rebordondo no Concello de Cualedro desde a primeira hora do pasado martes cando saíu, segundo afirmou o seu fillo “a coller o autobús para ir ao médico”. Algunhas das testemuñas que viron á muller no seu paseo a carón da N-525, aseguraron tela visto en Abavides, situado a dez quilómetros da súa vivenda.

A Garda Civil, asistida por Protección Civil, veciños e familiares peitean a zona da Limia na busca de Esperanza, pero canto máis tempo pasa, máis se reducen as posibilidades de atopala con vida. Tal e como recoñeceu o rexedor de Cualedro, Luciano Rivero “corre o risco de sufra unha deshidratación”, amén de que xa leva tres días sen tomala medicación que trata a súa enfermidade.

Desde as sete desta mañá os efectivos de emerxencia retomaron as actividades de busca centrándose especialmente no concello de Trasmiras e nas localidades próximas a Cualedro.