A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo pídelle aos alcaldes da Limia que se involucren na causa, “aparcando as diferenzas ideolóxicas”

CARTAZ_MANIFESTACION_XINZO_A4
A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo pídelle aos alcaldes da Limia que se involucren na causa, “aparcando as diferenzas ideolóxicas”
Desde este colectivo entenden que é hora de “unificarnos ao redor dun interese común e superior ao partidario como é...

Desde este colectivo entenden que é hora de “unificarnos ao redor dun interese común e superior ao partidario como é a comarca”

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo ven de enviar unha misiva a tódolos alcaldes da comarca da Limia co fin de que se decidan a “participar nas reunións e na manifestación convocada para o vindeiro 10 de xullo” en contra da supresión deste organismo. “Todos sabemos o grave que sería para a zona perder o Partido Xudicial e con el o xulgado e o rexistro civil”, explican desde este colectivo polo que lle piden os rexedores “aparcar as lexítimas diferenzas ideolóxicas que nos definen, para activarnos e unificarnos ao redor dun interese común e superior ao partidario, a comarca”.

Desde a Plataforma están convencidos de que “entre todos podemos influír para que o goberno dea marchar atrás nos seus plans de deixar á Limiar sen servizos xudiciais”. Xunto coa carta destinada a cada un dos presidentes dos once consistorios limiaos este colectivo axuntou o cartaz da marcha programada para o mes que vén, pedindo así mesmo aos rexedores “ difundilo no seu termo municipal”.