A policía busca a dous homes que atropelaron en Xinzo a unha muller para roubarlle

A policía busca a dous homes que atropelaron en Xinzo a unha muller para roubarlle

Primeiro chocaron co vehículo da vítima intencionadamente e despois leváronlle o bolso

AXENCIAS redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

A Garda Civil busca a dous homes que atropelaron esta mañá a unha muller en Xinzo para roubarlle a recadación dun negocio. Eran preto das once da mañá e a vítima, de 45 anos acababa de recoller a caixa da gasolineira Villasana da vila limiá. Segundo explicou o instituto armado, circulaba no seu coche a altura do número 50 da Avenida de Ourense, cando nun semáforo outro vehículo golpeou intencionadamente o seu.

Cando baixou para comprobar os danos do accidente, un dos homes baixou do coche e arrebatoulle o bolso cos 12.000 euros de recadación. Ao intentar recuperar os cartos, a muller foi atropelada polos seus ladróns. O Instituto armado trata agora de localizar aos dous implicados pero ata o de agora soamente apareceu a furgoneta coa que se perpetuou o roubo, que a súa vez fora roubada na localidade portuguesa de Montealegre e que apareceu nunha pista que une Cortegada e Casasoa.