O PSOE limiao denuncia o estado de abandono do mobiliario urbano

abandono xinzo parking
O PSOE limiao denuncia o estado de abandono do mobiliario urbano
A voceira do grupo Elvira Lama, lamenta “o estado da vila que presenta un aspecto de sucidade e falta de...

A voceira do grupo Elvira Lama, lamenta “o estado da vila que presenta un aspecto de sucidade e falta de arranxo”

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O PSOE limiao ven de denunciar “a falta de axilidade e o profundo abandono da vila, que presenta un aspecto de sucidade e falta de arranxo do mobiliario urbano”. Unha situación causada, segundo o principal grupo da oposición pola “desidia e o abandono por parte do rexedor, e do PP” que chega incluso ata ao pé da mesma Casa do Concello.Xusto ao lado do consistorio, unhas vallas temporais levan meses colocadas na saída dun aparcamento público “en espera das orixinais danadas por un accidente, o que supón un risco de extrema gravidade”.

A estas vallas que nunca chegan súmanselle marquesiñas sen reparar ou luminarias torcidas no entorno do Concello, o que lle dá á vila un aspecto descoidado no que se refire á xestión do mobiliario urbano por parte do grupo de goberno municipal.