Reinstaláronse os paneis da discordia

Cartel Xinzo 1
Reinstaláronse os paneis da discordia
O Concello de Xinzo volveu colocar os letreiros que situara no acceso á autovía das Rías Baixas despois de que...

O Concello de Xinzo volveu colocar os letreiros que situara no acceso á autovía das Rías Baixas despois de que os anteriores desaparecesen a mediados do mes pasado

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Despois de que a mediados do mes pasado os famosos paneis da discordia que daban a benvida e despedían aos condutores no acceso de Xinzo á autovía das Rías Baixas, desaparecesen, o Concello volveu colocar uns novos, desta volta suxeitos a unha base de formigón.

Os sinais antigos non contaban co visto bo do Ministerio de Fomento por non estaren homologados coa normativa europea. E de feito esta administración esixíralle ao municipio que os retirase en máis dunha ocasión, peticións as que o Concello se negou, ata que finalmente un anónimo decidiu facelos desaparecer.