A todo porco lle chega o seu San Martiño, e a todo Meco o colgamento

IMG_9343
A todo porco lle chega o seu San Martiño, e a todo Meco o colgamento
Pendurado, así quedou o coitado na Praza Maior de Xinzo REDACCIÓN redac@dendealimia.com O pobriño estaba sentenciado. Rodeado dunha multitude con moitas ganas de...

Pendurado, así quedou o coitado na Praza Maior de Xinzo

REDACCIÓN redac@dendealimia.com O pobriño estaba sentenciado. Rodeado dunha multitude con moitas ganas de festa, o Meco cumpría un ano máis co seu destino na Praza Maior de Xinzo de Limia. Despois de pasealo polas rúas desde a Praza de Oriente, mofándose del, pois é o único que un pode facer coa personificación de todos os nosos males, os limiaos pendurárono ben alto entre o fume dos fachóns. E alí permanecerá para que todos o vexan ata o triste momento no que remate o Entroido.