Unha vidente de Xinzo enfróntase a prisión por tramitar permisos de traballo a estranxeiras de maneira irregular

Unha vidente de Xinzo enfróntase a prisión por tramitar permisos de traballo a estranxeiras de maneira irregular

A muller, de orixe dominicana introducía compatriotas súas coma coidadoras de enfermos

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A máis de sete anos de prisión podería ser condenada unha vidente de nacionalidade dominicana afincada en Xinzo de Limia. A muller será xulgada este mes acusada dun delito continuado de falsidade en documento oficial e mercantil. Segundo a acusación da Fiscalía, facía os trámites necesarios para conseguir permisos de residencia e traballo temporal para estranxeiras, convencendo a españois para que firmaran as solicitudes falsas de empregadas do fogar por conta allea.

A acusada acompañaba en persoa aos fraudulentos ofertantes de emprego que á súa vez captaba no seu gabinete de vidente, ata a Subdelegación do Goberno en Ourense onde formalizabas as peticións, que se elevaron ata 19. As mulleres viñan a España para traballar coma coidadoras de persoas dependentes, polo que a vidente acompañaba as solicitudes con documentos médicos falsos que acreditaban diagnósticos de enfermidades graves, así como certificados bancarios, e que ela mesma elaboraba na casa coa axuda dunha impresora con escáner.

Hai outro home imputado na mesma causa a quen se lle atribúen os mesmos delitos, que aínda sabendo que a vidente aportaba documentación falsa, encargouse de proporcionar os DNI de cidadáns españois, incluído o da súa propia nai, para convertelos en demandantes de emprego fraudulentos.