A vidente de Xinzo: “A miña familia caería morta se non lle enviase xiros de diñeiro”

OURENSE. 14.05.2014. AUDIENCIA PROVINCIAL, JUICIO A VIDENTE. FOTO: MIGUEL ANGEL
A vidente de Xinzo: “A miña familia caería morta se non lle enviase xiros de diñeiro”
Elsa A.A.J. declarou onte acusada de falsear documentación e de vulnerar os dereitos dos traballadores estranxeiros REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Por necesidade. Así xustificou...

Elsa A.A.J. declarou onte acusada de falsear documentación e de vulnerar os dereitos dos traballadores estranxeiros

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Por necesidade. Así xustificou Elsa A.A.J., a vidente de Xinzo de Limia ante a xuíz a falsificación de documentos para solicitudes de traballo a estranxeiras. Esta muller de nacionalidade dominicana tería tramitado ata vinte peticións para outras tantas familiares súas, pois asegurou que  a súa familia “caería morta” se non lle enviaba cartos periodicamente.

Pero Elsa non é a única acusada por vulnerar os dereitos dos traballadores estranxeiros e falsear documentación oficial e mercantil. Acompañouna nos feitos Joaquín P.V. tamén veciño da vila limiá. Xuntos tramitaron ante a Subdelegación do Goberno máis de vinte solicitudes de empregadas do fogar, con certificados médicos, bancarios e un poder notarial falsificados. Porén, a folla de solicitude estaba realmente firmada polas persoas que solicitaba unha empregada, que aseguran que só en comisaría souberon que os papeis eran falsos.

 O xuízo comezou onte na Audiencia Provincial de Ourense e durante a súa declaración Elsa explicou como captaba aos solicitantes:“Son bruxa e todas as persoas que me axudaron coas súas solicitudes eran clientas miñas de videncia ás que lle preguntaba se necesitaban xente para traballar na súa casa, pois á miña familia non a vou meter en algo malo, e se era así, eu dicíalles que me encargaba de tramitar todo e que todo era legal”.

Máis de vinte testemuñas declararon onte na primeira sesión do xuízo, entre elas varias veciñas da comarca da Limia que explicaron que buscaban unha persoa para traballar na casa porque tiñan familiares enfermos e souberon que a acusada se dedicaba a iso.  E todas elas dixeron descoñecer que á solicitude que elas firmaban a vidente engadía o resto da documentación, coma certificados médicos e bancarios todos eles falsificados.