Xinzo é de primeira e non de terceira

Cabeceira da manifestación. DAL
Xinzo é de primeira e non de terceira
Manifestación polas rúas de Xinzo en contra da supresión do Xulgado REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia As 8 do serán partía do concello a cabeceira...

Manifestación polas rúas de Xinzo en contra da supresión do Xulgado

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

As 8 do serán partía do concello a cabeceira da manifestación presidida por unha pancarta co lema “NON O PECHE DO XULGADO”.

Varios centos de persoas acompañaban aos portadores, membros das diferentes plataformas que se opoñen ao traslado das instalacións do xulgado da vila. Durante todo o percorrido pola rúa dous de Maio e S.Roque, así como no paso pola praza maior, repetíronse as consignas en contra do peche.

Dende alí os manifestantes dirixíronse a praza Carlos Casares, na que un representante da plataforma leu un manifesto no que explicaba a todos os presentes, dos que moitos se uníran ao longo do percorrido, as consecuencias nefastas, tanto para Xinzo, coma para os concellos da comarca.

Así rematou a manifestación, non sen dar as grazas, os organizadores, pola masiva afluencia de xente á mesma.