1ª xornada do “novembro musical” da Agrupación Musical da Limia

Entrega de agasallos aos directores das bandas participantes
1ª xornada do “novembro musical” da Agrupación Musical da Limia

Cheo na Igrexa Nova para presenciar as diferentes actuacións programadas

Dende as catro da tarde a Igrexa Nova de Xinzo, como en outras moitas ocasións, foi o escenario no que se puido escoitar música de bandas.

Nesta ocasión dentro da programación que a propia Agrupación ten programada para o longo do mes de novembro.

MÚSICA CON HUMOR

Entrega de agasallos aos directores das bandas participantesDespois das actuacións das bandas do Porriño, do CMUS de Verín e da Escola de Boborás, tocoulle pechar, a Banda da Escola Infantil da Escola de Xinzo.
Os máis pequenos fixeron as delicias do público, non solo polas súas interpretacións, se non tamén polas “gotas” de humor coas que sempre Tielas, o seu director, quere aderezar a música.
Nesta ocasión tamén a nota simpática púxoa a cativa que quixo participar activamente, aínda que solo fose de escoitadora
AGRADECEMENTOS POR PARTE DO DIRECTOR

Antes do remate o Director da Escola quixo agradecer aos presentes a súa presenza, así como aos directores das bandas participantes. Membros da directiva da ESMULI, xunto coa Alcaldesa e o concelleiro de Cultura, foron os encargados da entrega dos agasallos, ante a ausencia xustificadísima do seu presidente e párroco Jaime Collazo, que se está a recuperar dunha doenza, e non puido asistir.

3