Exposición de fotografias do proceso de desecación da Lagoa de Antela

Cartel-expo-A-memoria-asolagada-Museo-da-Limia-web
Exposición de fotografias do proceso de desecación da Lagoa de Antela
No 25 aniversario da publicación do libro "Antela.A memoria asolagada"

Neste ano 2022 cúmprese o 25 aniversario da primeira edición do libro «Antela. A memoria asolagada», de Xosé Lois Martínez Carneiro. Esta publicación é un amplo compendio fotográfico de todas as faces da lagoa de Antela ata a súa desecación en 1958, e dos traballos de concentración parcelaria que tiveron lugar despois.

Desde o museo queren ofrecerlle un homenaxe cunha exposición que recolle moitas desas fotografías, facéndoo nun senso moi especial: a inauguración da exposición coincidiu co outorgamento do V Premio Pedra Alta á Sección Antela da SGHN, unha organización que sigue hoxe a labor de coidado medioambiental que manifesta esta obra.

A exposición pode visitarse no museo ata o 8 de xaneiro de 2023.