3º posto no Festival de Bandas de Galicia

Momento da actuación da Agrupación musical
3º posto no Festival de Bandas de Galicia

Para a Agrupación Musical da Limia

Na tarde noite de onte, os membros que compoñen a Agrupación Musical da Limia da ESMULI co seu director Tielas a fronte acadaron o terceiro posto no Festival de Bandas de Galicia celebrado en Celanova.

O xurado cualificador do #CertameGalego, constituído por Kevin Houben, Francisco Ferreira e David Rivas Domínguez, e asistido por Carmen María Ferreiro Soto como secretaria, concedeu os seguintes premios na sección terceira:

Terceiro premio, con 430 puntos, para a Agrupación Musical da Limia.

Segundo premio, con 443 puntos, para a Banda de Caldas de Reis

Primeiro premio, con 468 puntos, para a Banda de Música Santádega.

Por último, o xurado quiso recoñecer o atrevemento a formar unha banda de música en plena pandemia e a presentarte no primeiro certame celebrado xusto despois desa emerxencia sanitaria como foi o caso da Banda de música de Lourenzá.