Agosto chega ao Museo da Limia con novas exposicións

Agosto chega ao Museo da Limia con novas exposicións
Mañán, xoves, 4 de agosto, ás 11:30 horas inauguraranse dúas novas exposicións no Museo da Limia.

Agosto preséntase como un mes cheo de eventos culturais e o Museo da Limia non queda atrás en actividades e exposicións.

Mañán, xoves, día 4 de agosto, ás 11:30 horas inauguraranse dúas novas exposicións no Museo da Limia.

Por unha banda, "Veciños", unha exposición de retratos a pluma por Manuel Traveso. Consta dunha vintena de láminas nas que aparecen personaxes coñecidos de Vilar de Santos.

"Encontros Artesáns", será outra exposición especial que chega neste mes de agosto xa que son traballos de alumnos/as que participaron en obradoiros (cestería, bordado e pintura) organizados pola asociación de mulleres, Arracada, asociación de artesáns, Limiar, Padroado do Museo da Limia e concello de Vilar de Santos.